Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías e repostería...

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de obradoiros e despachos de confiterías, pastelerías e reposterías..., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-5-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Confitería, e da parte social, pola central sindical CIG, con data 18-4-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo para obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías para a provincia de Pontevedra

I. Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta no seu contido normativo os traballadores de obradoiro e persoal mercantil propiamente dito de confeiterías e, no non previsto no desenvolvemento do seu articulado, haberá que aterse ó contido da ordenanza laboral para as industrias da alimentación, aprobada por Orde do 8 de xullo de 1975, modificada nos seus artigos 2 e 7 por Orde do 8 de setembro de 1976 e ordenanza laboral para o comercio, respectivamente, así como as demais disposicións que, con posterioridade ás ditas normativas, puidesen regula-la actividade profesional dos ditos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

A eficacia e obrigatoriedade do presente convenio alcanza cantas empresas e sucursais estean establecidas ou domiciliadas dentro dos límites da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Vixencia e prórrogas.

Este convenio producirá efectos económicos plenamente a partir do 1º de decembro de 1995 ata o 30 de novembro de 1996.

A súa duración será dun ano, é dicir, desde o 1º de decembro de 1995 ata o 30 de novembro de 1996.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia faraa calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses á data do seu remate.

A dita denuncia terá que comunicárselle por escrito á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

1. Establécese unha comisión paritaria, que ten como funcións:

a) As de mediación, arbitraxe e conciliación nos conflictos individuais ou colectivos que lles sexan sometidos e dimanados das redaccións dos acordos do presente convenio.

b) As de interpretación e aplicación do pactado.

c) As de seguimento do conxunto dos acordos.

2. Os acordos ós que se chegue na comisión paritaria en cuestións relacionadas polo presente convenio, consideraranse parte deste e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Tales acordos remitiránselle á autoridade laboral para o seu rexistro.

3. A comisión paritaria queda composta por 5 membros da Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación (ARPASPAN) e por 5 membros da representación social. Os membros da dita representación social serán os sindicatos que corresponda en proporción ó seu número de representantes nas empresas deste convenio. Poderán asistir cun asesor, con voz pero sen voto.

4. Ámbalas partes que asinan este convenio comprométense a, no prazo máximo de 20 días a partir da sinatura do presente convenio, reunírense para elabora-lo seu Regulamento de funcionamento da comisión paritaria.

II. Réxime de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal de traballo será de 40 horas semanais, tanto para a xornada continuada coma para a xornada partida, sendo a xornada dominical de 4 horas.

A xornada dominical para o persoal mercantil non poderá prolongarse máis das 21 horas.

Cando a xornada normal de traballo se realice de forma continuada, establecerase un período de descanso de, polo menos, 15 minutos.

Artigo 7º.-Días de inactividade obrigatoria.

Considéranse días de inactividade laboral obrigatoria os seguintes:

-Día 27 de abril: festividade da padroa do gremio.

-Día 25 de decembro: festividade da Natividade do Señor.

-Día 1 de xaneiro.

-Día 1 de maio: festa do traballo. Se, por necesidades da empresa, o traballador decidise traballar, terá dereito, ademais de á percepción económica como festivo, a un día máis de vacacións.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal acollido ó presente convenio terá dereito a desfrutar dunhas vacacións anuais retribuídas consonte as seguintes condicións:

1. As vacacións terán unha duración de 31 días naturais para todo o persoal afectado, calquera que sexa a súa clasificación profesional.

2. O salario que se percibirá durante o período de vacacións calcularase sobre o salario base do convenio máis antigüidade.

3. O período de vacacións será concedido de común acordo entre a empresa e o traballador en épocas que tradicionalmente non teñan unha especial actividade no sector de forma rotativa, pero preferentemente no verán.

4. O persoal de baixa por incapacidade laboral transitoria, con independencia da causa motivadora, disporá ou desfrutará da totalidade das vacacións, sempre que a súa reincorporación ó traballo se produza dentro do mesmo ano.

Artigo 9º.-Ingresos e cesamentos.

Todo traballador, salvo pacto en contrario, farao a título de proba e a súa duración será a seguinte:

-Persoal técnico: 2 meses.

-Persoal administrativo: 1 mes.

-Persoal mercantil: 1 mes.

-Persoal non cualificado: 15 días.

Transcorrido o período de proba sen denuncia ningunha das partes, o traballador continuará na empresa baixo as condicións establecidas no presente convenio. Os cesamentos na empresa deberán ser comunicados polos traballadores e por escrito con 15 días de antelación, e sen este requisito a empresa poderá descontar da liquidación do productor afectado o importe das retribucións diarias por cada día de retraso no aviso.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

O persoal terá dereito a desfrutar da licencia retribuída nos casos que a seguir se establecen:

a) Matrimonio do productor: 15 días naturais.

b) Parto da esposa ou nacemento de fillos legalmente recoñecidos polo traballador como tales: 5 días naturais.

c) Intervención cirúrxica de pais, fillos ou cónxuxes: 5 días.

d) Falecemento de esposa, pais e fillos: 5 días.

e) Para a atención de asuntos propios, ineludibles e de gran importancia, segundo as necesidades e desprazamentos: 1 a 6 días.

f) Por cambio de domicilio: 1 día.

g) Visita médica para asistencia persoal ou de fillos menores, cando coincida co horario de traballo: as horas necesarias, sendo preceptivo que o volante estea datado e asinado polo médico, facéndose consta-la hora de remate da consulta.

h) Estudios: o tempo necesario para exames segundo o Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Persoal eventual.

Agás nos casos de reserva de praza por enfermidade ou deber inescusable de carácter público, o contrato de traballo eventual non poderá ter unha duración superior a doce meses e, pasado o dito prazo e sen necesidade de denuncia ningunha, o productor converterase automaticamente en fixo, salvo as normas de rango superior que contradigan o anteriormente mencionado. O persoal eventual deberá ser necesariamente contratado por escrito ante a oficina de emprego.

Artigo 12º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade en tódolos postos de traballo, tanto para o home como para a muller, sen discriminación ningunha, desaparecendo calquera trato de desigualdade, tanto favorable coma adverso, que tivese a muller por calquera causa.

III. Condicións económicas

Artigo 13º.-Salario base.

Será o que se estableza exclusivamente para cada categoría na correspondente columna da táboa anexa.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Consistirá en cuadrienios ó 6% sobre os salarios base do convenio. O número de trienios será de ata un máximo de 13 para aqueles traballadores que prestasen servicios antes do 15 de marzo de 1980. Para os que entrasen a traballar despois do 15 de marzo de 1980, o número de trienios será ata o máximo legal establecido. A partir da data de vixencia do presente convenio (1 de decembro de 1995), xeraranse cuadrienios ó 6%, respectándose a antigüïdade xerada ata a dita data.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense pagas extraordinarias de 30 días sobre o salario base do convenio e antigüidade. Estas pagas serán as do 15 de xullo e 23 de decembro, que serán aboadas no día anterior á data do seu devengo.

Así mesmo, percibirá unha paga consistente en 30 días de salario base do convenio máis antigüidade, en concepto de paga de beneficios, que se poderá fraccionar en dúas partes de 15 días, aboándose a primeira durante o mes de marzo e a segunda durante o mes de setembro.

Artigo 16º.-Axuda por xubilación.

A todo o persoal que se xubile con dez anos como mínimo de servicio na empresa, aboaráselle como premio de xubilación voluntaria a cantidade seguinte:

A partir dos 60 anos de idade: 160.000 ptas. Esta axuda estenderase igualmente ós traballadores que se vexan obrigados ó cesamento forzoso da súa actividae laboral como consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, sempre que cumpra os requisitos esixidos neste artigo en canto á permanencia na empresa, calquera que sexa a súa idade, e que se fará efectivo unha vez lle fose recoñecida legalmente a súa incapacidade.

Será de aplicación soamente para o persoal de obradoiro.

Artigo 17º.-Axuda por defunción.

Tódolos traballadores ós servicio das empresas suxeitas a este convenio colectivo causarán, en caso de falecemento, en favor do cónxuxe, descendentes, ascendentes e por esta orde, o dereito á percepción da cantidade correspondente a un mes de soldo e salario base máis antigüidade, que será aboada por ela. Esta axuda será compatible con calquera outra que lle corresponda.

Artigo 18º.-Plus de transporte.

En compensación dos gastos de transporte que debe efectua-lo traballador para desprazarse ó seu posto de traballo, as empresas aboaranlle a cada un deles a cantidade de 238 pesetas diarias, como mínimo, en concepto de plus de transporte. Esta cantidade aboarase por día efectivamente traballado.

Os excesos que se produzan por riba desa cantidade serán pactados entre empresa e traballador.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

En canto ás horas extraordinarias, aboaranse co 75% da recarga sobre o salario real, é dicir, sobre o total da táboa salarial anexa.

As horas extraordinarias traballadas en domingo e festivo aboaranse, en todo caso, co 150% de recarga sobre o salario realmente percibido, é dicir, sobre o total da táboa salarial, e a dita porcentaxe aplicarase exclusivamente para o persoal mercantil de confeiterías.

Para o persoal de obradoiro, a recarga será do 100%.

Cabe tamén que o traballador opte por compensa-las horas extraordinarias traballadas por tempos equivalentes a descanso retribuído, incrementados nas porcentaxes correspondentes citadas.

Artigo 20º.-Complemento en caso de ILT.

Durante as situacións definidas como incapacidade laboral transitoria na Seguridade Social, a empresa aboaralle, desde o primeiro día de baixa, ó traballador afectado, o 75% do salario base máis antigüidade e, a partir do 10º día desta, o 100% do dito salario base máis antigüidade. En caso de maternidade, ingreso hospitalario ou accidente de traballo, aboaráselle o 100% desde o primeiro día.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

Terá dereito a axuda de custo o traballador que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexa obrigado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso, tendo que efectuar comidas e tomar aloxamentos neses lugares.

A contía será:

-Axuda de custo completa: 4.243 ptas.

-Xantar: 1.213 ptas.

-Cea: 1.213 ptas.

-Cama: 1.818 ptas.

-Almorzo: 364 ptas.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

Todo traballador con fillos entre 2 e 6 anos inclusive percibirá, en concepto de axuda de escolarización, a contía de 3.879 ptas. anuais por cada fillo. Aboarallo a empresa no mes de setembro.

O traballador que, en abril de 1991 adquirise o dereito a plus de incapacidade por fillo minusválido mantera o nos termos do convenio de 1990.

IV. Disposicións varias

Artigo 23º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregarlles ós traballadores unha fotocopia da alta desta na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de 3 semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Artigo 24º.-Servicio militar.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 33 da ordenanza laboral para as industrias de alimentación.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

Con carácter xeral, as empresa suxeitas ó presente convenio colectivo proverán o persoal ó seu servicio, obrigatoria e gratuitamente, do seguinte número de pezas de roupa ó ano:

a) Dúas chaquetas curtas.

b) Dous pantalóns.

c) Catro mandís.

d) Dous gorros.

O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal mercantil e de obradoiro terá a obriga de conservala en bo estado. Proverase o persoal mercantil das pezas de roupa necesarias para o desempeño da súa función laboral.

Artigo 26º.-Excedencias e suspensións de contrato.

No referente a excedencia e outras suspensións de contrato, haberá que aterse ó que establece o Estatuto dos traballadores nos seus artigos 45 e 48, matizando que o período mínimo da excedencia voluntaria será dun ano, e só pode ser por menos se median fundamentos serios de orde familiar, de estudios, etc. O establecido no artigo 46, apartado 3.5º do Estatuto dos traballadores no caso de excedencia por fillo menor queda ampliado a un período máximo de tres anos.

Artigo 27º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, no caso de que dispoña del, para as reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un mural para poñer comunicados, avisos, carteis, etc.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores ou posterior lei que o modifique.

V. Disposicións derradeiras

Artigo 29º.-Garantía ad personam.

Polo presente convenio e en concreto por este artigo, respectaranse as condicións persoais que, globalmente consideradas, excedan do pacto no seu contido económico ou social, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 30º.-Partes que asinan.

O presente convenio foi concertado pola Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación de Pontevedra (ARPASPAN) e pola central sindical CIG.

Artigo 31º.-Categorías e ascensos.

Quedan incorporados ó texto do presente convenio os artigos 12 e 22 da ordenanza laboral para as industrias da alimentación, e artigos 16, apartados N, Ñ e O e artigo 25 de ordenanza laboral para o comercio. Enténdese que o ascenso nas distintas categorías se

orixinará cando se produza unha vacante en cada unha delas.

Artigo 32º.-Canon de negociación de convenio.

Tódalas empresas incluídas no ámbito funcional do presente convenio contribuirán necesariamente a sufraga-los gastos de negociación deste cunha cantidade de 1.000 ptas. por traballador e ano de vixencia do convenio.

Esta cantidade seralle aboada á Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería e Panificación (ARPASPAN).

Artigo 33º.-Contratos de duración determinada.

(Regulados no artigo 15 do Estatuto dos traballadores).

Estes contratos poderán ter una duración máxima de doce meses dentro dun período de quince meses.

Táboa de salarios que rexerán desde o 1-12-1995 ata o 30-11-1995

Categorías profesionaisSalario base

-Persoal de obradoiro
Mestre obradoiro108.781
Encargado108.781
Oficial técnico de primeira99.106
Oficial de primeira99.106
Oficial de segunda82.343
Axudante76.228
Peón73.380
Aprendiz de 16 a 18 anos57.274

-Persoal de acabado e empaquetado
Encargado99.695
Auxiliar de máis de 18 anos77.555
Auxiliar de menos de 18 anos57.274
Aprendiz de 16 a 18 anos57.274

-Persoal de oficios varios
Oficial de primeira99.695
Oficial de segunda80.972
Oficial de terceira76.228
Aprendiz de 16 a 18 anos57.274

-Subalternos
Vixilante (mercantil)90.082
Vixilante (obradoiro)74.646
Sereno90.082
Muller de limpeza (por horas)

-Administrativos
Xefe de primeira111.935
Xefe de segunda106.921
Oficial de primeira103.036
Oficial de segunda87.994
Auxiliar78.342
Aspirante58.034

-Persoal mercantil propiamente dito
Corredor de praza85.461
Dependente82.343
Dependente maior85.461
Axudante77.352
Aprendiz de 16 a 18 anos56.479

6070