Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo VII, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico e que resulten de interese para esta Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio), e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

-Publicación: «Innovación Educativa».

Contía: 400.000 ptas.

-Publicación: «Verba: Anuario Galego de Filoloxía».

Contía: 800.000 ptas.

-Publicación: «NACC: Nova Acta Científica Compostelana».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Obradoiro de Historia Moderna».

Contía: 400.000 ptas.

-Publicación: «Revista Galega de Economía».

Contía: 900.000 ptas.

-Publicación: «Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Agora: Papeles de Filosofía».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Boletín Galego de Literatura».

Contía: 700.000 ptas.

-Publicación: «Revista de Ciencias del Mar-Thalassas».

Contía: 600.000 ptas.

-Publicación: «Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura».

Contía: 200.000 ptas.

Servicio de publicacións da Universidade da Coruña.

-Publicación: «Cuadernos Laboratorio Xeolóxico de Laxe».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Lenguaje y Textos».

Contía: 200.000 ptas.

-Publicación: «Revista Galega de Psicopedagoxía».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Boletín Académico da E.T.S.de Arquitectura da Coruña».

Contía: 500.000 ptas.

-Publicación: «Societas».

Contía: 325.000 ptas.

-Publicación: «Revista de Lexicografía».

Contía: 500.000 ptas.

Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.

-Publicación: «Babel - A.F.I.A.L.».

Contía: 200.000 ptas.

Segundo.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de novembro de

1996, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

4018