A Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo IV, a concesión de axudas para a organización de congresos, simposios ou seminarios que se celebren en Galicia no período comprendido entre o 15 de maio de 1996 e o 30 de setembro de 1997.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio), e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Concederlles axudas ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución para a realización dos eventos que se indican en cada caso.
Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 2 de maio de 1996, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.
José Manuel Touriñán López
Director xeral de Universidades e Ivestigación
5930