Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades de bacharelato da modalidade de tecnoloxía ó centro privado Santo Domingo da Coruña.

Examinado o expediente iniciado por Calor Oloriz Larragueta en representación do centro privado Santo Domingo da Coruña, polo que solicita a modificación da autorización consistente na ampliación de dúas unidades de bacharelato para a modalidade de tecnoloxía.

Visto o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta os informes pertinentes da Delegación Provincial da consellería na Coruña.

Esta dirección xeral, en uso das atribucións outorgadas pola referida Orde do 20 de setembro de 1995,

RESOLVE:

Autorizarlle a ampliación de dúas unidades de bacharelato da modalidade de tecnoloxía ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concelo: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Domicilio: praza de Santo Domingo, s/n.

Titular: PP. Dominicos.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 6 unidades, coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

5929