Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de varias obras de reparación.

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:

Obxecto: reparacións varias en 84 vivendas dos bloques D-61 e E-61 no polígono de Coia, Vigo. Expe.: PO-96/REP 02.

Orzamento: 20.068.182 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 5 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 802.727 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: C.

Obxecto: reparación de cubertas e fachadas en 160 vivendas no polígono de Espiñeiro, Teis, Vigo. Exp. PO-96/REP 03.

Orzamento: 77.520.503 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 7 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 3.100.820 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: D.

Obxecto: reparación e mellora de 15 bloques de vivendas en Leiro. Ourense. Exp.: OR-96/REP 02.

Orzamento: 7.324.032 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 292.961 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: C.

Obxecto: reparación de cubertas no grupo 1º de maio en Verín, Ourense. Exp.: OR-96/REP 03.

Orzamento: 45.878.171 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 6 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 1.835.127 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: D.

Obxecto: reparación de beirarrúas e remate de patios no grupo Pontenovo, Ourense. Exp.: OR-96/REP 04.

Orzamento:7.163.021 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 286.521 pesetas.

Clasificación esixida: C-3, C-6.

Categoría do contrato: C.

Obxecto: reparacións en paramentos exteriores no grupo de 60 vivendas na Uceira, O Carballiño, Ourense. EXP.: OR-96/REP 05.

Orzamento: 57.730.097 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 8 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 2.309.204 pesetas.

Clasificación esixida: C-4 C-7.

Categoría do contrato: D.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central, polígono das

Fontiñas, en Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do vixésimosexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10, 10.15, 10.30, 10.45, 11 e 11.15 horas respectivamente, do décimo primeiro día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5938