Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de varias obras.

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:

Obxecto: terminación dun edificio de 61 vivendas, garaxes e rochos na estrada de Monforte de Lemos a Ourense, s/n. Monforte de Lemos. Exp.: LU-96/010.

Orzamento: 87.289.626 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 3.491.585 pesetas.

Clasificación esixida: C-4, C-6, C-7.

Categoría do contrato: E.

Obxecto: construcción de 20 vivendas en Foz, Lugo. Exp.: LU-96/050.

Orzamento: 177.465.285 pesetas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 18 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 7.098.611 pesetas.

Clasificación esixida: C-2, C-4, C-7.

Categoría do contrato: D.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: ás proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10, e 10.30 horas respectivamente, do décimo primeiro día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5877