Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación de varias obras de reparación.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que, por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 9 xullo de 1996, foron adxudicadas as obras de reparación citadas, ás empresas que se indican a continuación:

Extraco, S.A.

Expediente: OR-96/REP 02

Reparacións varias en 398 vivendas no polígono de Caranza, III fase, Ferrol, por un prezo de 90.819.000 pesetas (IVE incluído).

Construcciones Ramírez, S.L.

Expediente: PO-96/REP 01

Reparacións varias de 180 vivendas nas torres C-15, D-15, E-15 do polígono de Coia, Vigo, por un prezo de 50.699.000 pesetas (IVE incluído).

Construcciones Alea, S.L.

Expediente: OR-96/REP 01

Reparacións varias no grupo de 30 vivendas en Nogueira de Ramuín, Ourense, por un prezo de 35.452.018 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5937