De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.
O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 19 de xullo de 1996.
Beatriz Rodríguez Fraga
Instructora
ANEXO
Procedemento sancionador número: P-295/1995
Denunciado: José M. Orive Rodríguez
DNI: 7.932.585
Último enderezo coñecido: Residencia Obelisco P.6-2º A - Oleiros.
Feitos denunciados: tenza e transporte de salmón ou reo sen os precintos e guías preceptivas.
Tipificación infracción. Lei de pesca:
Artigo infrinxido: 34.14º
Cualificación infracción: grave.
Sanción proposta: 500.001 multa; 5.700 Indenmiz.; Inhab. 1 ano e 1 día.
5866