Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 19 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de pesca fluvial 96/0003.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 19 de xullo de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: P-96/0003.

Denunciado: Dosinda Rodríguez Abelenda.

DNI: 76.339.908.

Último enderezo coñecido: O Milladoiro, Ames.

Feitos imputados: verter ás augas substancias susceptibles de causarlle dano ós seres acuáticos.

Tipificación infracción. Lei de pesca:

Artigo infrinxido: 34.24º.

Cualificación infracción: menos grave

Sanción proposta: 50.001 multa Inhab. 1 ano.

6101