Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias LU-191/96, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 15 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-191/96.

Denunciado: José Luis García Mosteiro.

DNI nº: 32.365.510.

Último enderezo coñecido: Avda. Venezuela, 17, Oleiros (A Coruña).

Feitos imputados: atoparse o día 5 de maio de 1996, no recinto feiral de Vilalba, e exerce-la actividade de operador comercial (tratante) sen te-lo carné de tratante.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196.

-Precepto sancionador: artigo 213.

-Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

5864