Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de montes 95/082MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes de 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitato nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estime

pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para a resolución do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 15 de xullo de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 95/082MP.

Denunciado: Manuel García Erias.

Último enderezo coñecido: Estrada de Eirís, 15-3º C. A Coruña.

Feitos denunciados: cortar sen autorización carballos, castiñeiros e ameneiros.

Precepto infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Precepto sancionador: 432.

Sanción proposta: 21.000 ptas.

9605819