Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0021.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la Proposta de Resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporá o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta Proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 15 de xullo de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancinador nº 96/0021.

Denunciado: José Borja Otero Rosales.

DNI: 46.896.138.

Último enderezo coñecido: San Roque de Afora, 15-B-D. A Coruña.

Feito denunciado: acampar en lugar prohibido.

Tipificación infracción: Lei 4/1989 de CEN.

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

5868