De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo director xeral de Montes e MAN desta consellería, segundo o artigo 40.3º b) da Lei de pesca fluvial de Galicia.
O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito can
tas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 19 de xullo de 1996.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: P-96/0215.
Denunciado: Antonio Canosa Pérez.
DNI: 32.312.654
Último enderezo coñecido: Pereiriña, s/n, Cee.
Feitos imputados: pescar utilizando artefactos de uso prohibido (grampín).
Tipificación infracción. Lei de pesca:
Artigo infrinxido: 35.5º.
Cualificación infracción: grave.
Sanción proposta: 50.001 multa Inhab. 1 ano e 1 día.
5867