Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-108/96, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancinador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 15 de xullo de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-108/96.

Denunciado: Valentín Díaz García.

DNI nº: 32.660.097.

Último enderezo coñecido: Alto Xestoso-Monfero (A Coruña).

Feito denunciado: atopar nas cortes situadas en Vilarente (Abadín) cinco xovencas procedentes dos Países Baixos que son parte dunha partida de nove animais que chegaron a España amparados por un certificado sanitario internacional nº 102443 de data do 8-2-1996, no que figuraba como destino final Ganados Santaballa, S.L.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 212.

Sanción proposta: 50.000.

9605820