Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na realización de 60 microespacios didácticos, creación e deseño dunha mascota, e elaboración de material promocional sobre consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 5/1996.

Obxecto do contrato: realización de 60 microespacios didácticos, creación e deseño dunha mas

cota, e elaboración de material promocional sobre consumo.

Tipo de contrato: contrato de servicios.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 5-6-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: trinta e dous millóns de pesetas (32.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 17-7-1996

Contratista: Continental Producciones, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trinta e un millóns oitocentas mil pesetas (31.800.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instito Galego de Consumo

9605760