Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia, para a realización dun estudio sobre as condicións de seguridade e hixiene no traballo en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número do expediente: 96/13/1139.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia para a realización dun estudio sobre as condicións de seguridade e hixiene no traballo en Galicia.

3. Orzamento base da licitación.

Importe total: 8.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución do contrato: desde a súa sinatura ata o 22 de novembro de 1996.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (180.000 pesetas).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (320.000 pesetas).

6. Presentación das proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece días naturais, ás 14 horas, agás que o último día sexa, inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

7. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Modelo de proposición:

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán obtelos no Servicio de Seguridade e Hixiene da Dirección Xeral de Relacións Laborais sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 47 71.

10. Apertura das proposicións.

Terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, Santiago de Compostela) ás 11 horas do día 6 de setembro de 1996.

11. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberán axusta-los licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (apartados 6 e 7).

12. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Variantes.

Non se admiten.

14. Prazo no que o licitador está na obriga de mante-la súa oferta.

Durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncio.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5746