Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, pola que se anuncia concurso aberto para a contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía nas habitacións dos pacientes de distintos centros (C.E. 1/96).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por orde comunicada do presidente do Sergas do 24 de maio de 1996, sobre delegación da tramitación e resolución da presente contratación, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Obxecto: instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía nas habitacións dos pacientes dos distintos centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza (contrato administrativo

especial do artigo 5.2 b) da LCAP), que se desglosa nos dous lotes seguintes:

-Lote 1: Hospital Juan Canalejo e hotel de pacientes (situado no edificio da Escola Universitaria de Enfermería).

-Lote 2: Hospital Teresa Herrera e novo Hospital Marítimo de Oza, ampliable ó hospital militar.

Orzamento: de acordo cos pregos, a contratación non supón gasto para a Administración, correspondendo tódolos custos ó adxudicatario.

Garantía provisional: 100.000 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto.

Prazo de vixencia: 5 anos, contados a partir da data de formalización do contrato.

Admisión de variantes: autorízase a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios que se describen no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica ou profesional: acreditarase polos medios que se describen no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: ve-lo número 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería, soto, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006, A Coruña, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que termine o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 25 de xuño de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

6059