Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/66-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante subterránea A Susana-Bouzas.

Situación: Vedra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 590 m de lonxitude que parte do C.T. Bouzas e nun punto da L.M.T. para unirse coa área, en conductor RHV de 3(1x150 mm). Concello de Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5645