Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/38-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Negreira-Duomes-Vilar de Suso.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea-aérea de media tensión, a 20 kV, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, baixo tubo, de 565 m de lonxitude, con orixe na subestación de Negreira e final no apoio nº 1 da liña Duomes-Vilar de Suso na súa parte subterránea e sobre apoios de formigón, con conductor LA-110, de 3.285 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da anterior e final no apoio nº 55 da liña Portolar-San Román (Expte. 27.323). Concello de Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5648