Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 22 de xullo de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Ferreira Ferreira Elida e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan os contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los predios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e AXD.

Contra a presente notificación podrá interpoñe-los seguintes recursos reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, nº 2 ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de America, bloque 1, portal oficinas, 1ª pranta Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conforme coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo ante esta oficina liquidadora; de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado.

ContribuínteEnderezoConceptoBase

Ferreira Ferreira, ÉlidaArentei-A Grela

Salvaterra de Miño

A.B.I. TPAJD Exp. 13475/91A8.341.310
García Rodríguez,

Fernando J.

Avd. Fragoso, 16-5º

Vigo

A.B.I. TPAJD Exp. 13475/91T8.341.310
Troncoso Ferreira, ManuelArentei-A Grela

Salvaterra de Miño

A.B.I. TPAJD Exp. 13475/91A8.341.310

Vigo, 22 de xullo de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)

95-5649