Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a realización de diversos traballos na Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso polo procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a realización de diversos traballos na Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. Expediente 14/96.

Obxecto do contrato: prestación dos servicios de asistencia técnica para a realización de procesos manuais e informáticos que leven consigo a xestión recadatoria en vía voluntaria e executiva dos ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma, encomendada á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

O prazo de execución será de catro meses e medio.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, concurso polo procedemento aberto.

Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentas cuarenta e cinco mil duascentas pesetas (3.445.200 ptas.) IVE incluído.

Garantía provisional: sesenta e oito mil novecentas catro pesetas (68.904 ptas.).

Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. Edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15703 Santiago de Compostela, Teléfono: 54 41 34, Telefax: 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a da duración do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería

de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P 15703 Santiago de Compostela.

Non se admitirán variantes no presente concurso.

Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día , que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Econoía e Facenda

5884