Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/28-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto

de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Albaxeira e Penavide.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 38 m de lonxitude, con orixe na liña Augasanta-Asneiros (Expte. 52.524) e final no C.T. Albaxeira-Penavide que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Rois.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5646