Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 328/1996, do 26 de xullo, polo que se desafectan do dominio público diversos locais antigas sedes das Cámaras Agrarias.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 1996, no seu apartado tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas Cámaras Agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Tendo en conta a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 15 de febreiro de 1996 (DOG nº 43, do 29 de febreiro de 1996), as solicitudes de cesión do uso presentadas por varios concellos, así como o informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes favorable á cesión do uso do inmoble ós anteditos concellos, do 21 de xuño de 1996, foi tramitada pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Edificio sito no lugar de San Marcos, termo municipal de Abegondo (A Coruña), composto de planta baixa e un piso alto, distribuído en arquivo, secretaría, sala de xuntas e oficinas, dunha superficie construída aproximada de setenta e dous metros cadrados por planta, rodeado por tódolos seus ventos por terreo destinado a labradío de tres áreas, trinta e nove centiáreas. Forma todo un só predio da superficie de catro áreas dezanove centiáreas e linda ó norte, máis de Manuel Barros Otero; ó sur, inculto propiedade do Concello de Abegondo; ó leste, a estrada de Herves a Fontán e ó oeste, camiño público de San Marcos á Peneda.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos, no tomo 1.457 xeral, libro 191 de Abegondo, folio 72, predio nº 11.798, inscrición 4ª.

2. Edificio ó sitio de Viña Vella, lugar de Sobre da Igrexa, Concello de Bergondo (A Coruña), cunha superficie de 180 m, construído en terreo dedicado a labradío de 3 áreas e 77 centiáreas, que linda: ó norte, herdeiros de Carmen Galán; ó sur, Manuel Fafián Babío; ó leste, estrada de Guísamo á Ponte do Pedrido; e ó oeste, termina en punta por ser triangular.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 935, libro 133 de Bergondo, folio 175, predio nº 11.307, inscrición 3ª.

3. Edificio construído sobre unha parcela de terreo en forma rectangular de once metros de fronte á estrada e dezasete metros de fondo, segregada dunha parcela denominada Campo de Xabiñana, sita no lugar de Pedrouzo, parroquia de Cundis, termo municipal de Cabana de Bergantiños (A Coruña), que linda ó norte, Pedro Sánchez; ó sur, herdeiros de Jacoba Fondo; ó leste, estrada, e ó oeste, finca matriz.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 860, libro 100 de Cabana, folio 175, predio nº 9.309, inscrición 2ª.

4. Rústico, labradío, no sitio dos Ventos, de dúas áreas e setenta e nove centiáreas, no Allo, parroquia de Ponte do Porto, Concello de Camariñas (A Coruña), que linda ó norte, Manuel Allones Cibrán;ó sur, Manuela Suárez Álvarez; ó leste e oeste, estrada de Vimianzo a Camariñas, sobre a que se atopa construída unha casa, composta de planta e piso alto, de oitenta metros cadrados. Ten a súa fronte ó oeste. A planta baixa destínase a almacén. A planta alta, destínase a oficinas. Linda por tódalas súas partes co predio no que se atopa emprazado.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no folio 182 do tomo 530, libro 47 do Concello de Camariñas, predio nº 5.663, inscricións 1ª e 2ª.

5. Rústico, denominado Agro do Pazo, de dúas áreas cincuenta e seis centiáreas, sito no termo municipal de Irixoa (A Coruña), que linda ó norte,con máis de Tomás López Vázquez; ó sur e ó oeste, finca que reserva para sí Ramón Parga Rodríguez; ó leste, camiño.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 926, libro 56, folio 83, predio 5.757.

6. Rústico, Anocensa no lugar dos Muíños, termo de Muxía (A Coruña), inculto, de tres áreas e dezaoito centiáreas, polo tanto indivisible. Linda ó norte, camiño público de seis metros de longo, e despois parede que cerra a horta da casa de José Graíño López; ó sur e oeste, estrada que dos Muíños conduce á xeral da Coruña a Fisterra, por Pereiriña; e ó leste, camiño de catro metros de largo e despois parede que cerra o predio de Antonio Barros Arosa. Sobre o dito predio atópase construída unha casa, de planta e piso alto, de cen metros cadrados de superficie. Ten un terreo unido polos seus ventos norte, sur e leste, de dúas áreas e dezaoito centiáreas de superficie. Linda polos seus ventos dereita, esquerda e fondo, con terreo onde se atopa, á fronte oeste, estrada que dos Muíños conduce á xeral da Coruña a Fisterra, por Pereiriña.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 399, libro 88 do Concello de Muxía, folio 212, predio nº 8.357, inscricións 2ª e 3ª.

7. Predio sito na parroquia de San Martiño de Oroso, termo municipal de Oroso (A Coruña), de cinco áreas trinta e dúas centiáreas e cincuenta decímetros cadrados, sobre o que se construíu unha superficie cuberta 146,25 metros cadrados, distribuída en diversos compartimentos destinados a almacén, celeiro, garaxe de maquinaria agrícola e oficina; linda ó norte e ó oeste, Felipe Ramón Cerdero Carrete; ó sur, estrada de Sigüeiro á estación ferroviaria de Oroso; ó leste, camiño de carro que separa de máis de Felipe Ramón Cerdero Carrete.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 163, libro 16 de Oroso, folio 237 vº, predio nº 1.114 duplicado, inscrición 3ª.

8. Rústico, predio nº 1.655 do plano oficial de concentración da zona de Oroso-Gándara-Deixebre-Trasmonte, Concello de Oroso (A Coruña), toxal no sitio de Devesa da Eira, de cinco áreas cincuenta centiáreas que linda ó norte, sur e leste, José Castro Matelo (1656) e ó oeste, estrada de Sigüeiro á Estación de Oroso.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 337, libro 66 de Oroso, folio 14, predio nº 11.299, inscrición 1ª.

9. Soar sito no Campo da Feira, da vila do Porto do Son (A Coruña) cunha superficie de 104,50 m que linda ó norte, con herdeiros de Rosa Vinagre Ares; ó sur, herdeiros de Manuel Tomé Tomé; ó leste, rúa sen nome e ó oeste, Campo da Feira, nº 13 do inventario de propios do Concello do Porto do Son. Sobre o dito predio construíuse, ocupando a súa total superficie, un edificio composto de planta baixa, dedicada a almacén, celeiro e un piso destinado a oficinas, da situación e lindeiros antes expresados, coa súa fronte ó oeste, por onde está sinalada co número 9; e ten outra entrada para planta baixa polo lindeiro leste, por onde está sinalada co número 3, se ben se accede tamén ó baixo pola fronte ou entrada principal.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 456, libro 77 do Porto do Son, folio 205, predio 6.034 duplicado, inscrición 3ª.

10. Campo sito no lugar de Riobao, concello de Sada (A Coruña), dunha superficie de seis áreas noventa e unha centiáreas. Linda: ó norte, ó sur e ó leste, camiño que de Riobao se dirixe a Sada de Arriba; e ó oeste, camiño inculto que se atopa entre camiños.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 936, libro 90, folio 149, predio 7.806.

11. Labradío sito en Chousa Beloy Abajo Otero, Concello de Sada (A Coruña), dunha superficie de tres áreas e noventa e seis centiáreas. Linda: norte, labradío de Felipe Casal, antes Nicolás López; sur, labradío de Eduardo Suárez, antes del referido Casal; leste, camiño máis baixo que da vila de Sada se dirixe ó lugar de Souto; oeste, campo secaño de Andrés Vázquez.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 471, libro 38, folio 161, predio 3.055.

12. Predio denominado Santiago do Campo de 24.100 m, sito ó lugar de Sobrado, Concello de Sobrado (A Coruña). Linda: norte, camiño de Vilanova, resto do antigo camiño de Santiago; sur, estrada de Teixeira a Corredoiras e predio do Concello de Sobrado; leste e oeste, Cámara Agraria Local de Sobrado e do Concello de Sobrado.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 180, libro 11 de Sobrado, folio 12, predio 870, inscrición 1ª.

13. Edificio construído sobre predio de 300 m no Campo da Feira, no lugar de Garita, Concello das Somozas (A Coruña). O dito predio linda: norte, leste e oeste, con predio propiedade dos irmáns Sueiras Pita; e sur, coa estrada das Somozas a Seixas.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 717, libro 39, folio 120 vto., predio 4.060.

14. Predio sito na parroquia de Loxo, no Concello de Touro (A Coruña), dunha superficie de 279 m. Linda: norte, labradío de Andrés Ciñeira García; sur, coa estrada de Boimorto a Muros; leste, monte de José Barreiro Santos, Andrés Iglesias Millán e Andrés Ciñeira García; oeste, labradío de Andrés Ciñeira García. Sobre este soar construíuse un edificio de 83 m de planta baixa.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 398, libro 61, folio 241, predio 6.146.

15. Predio sito no lugar de Viaño Pequeno, parroquia de Campo, Concello de Trazo (A Coruña). Linda: norte, finca de Antonio Pena e Manuela Romay Otero; sur, propiedade de Antonio Andrade Veiras; leste, estrada; oeste, Antonio Pena e Manuela Romay Otero. Sobre o dito predio construíuse un edificio de dúas plantas dedicadas a almacén e oficinas.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 467, libro 30, folio 159, predio 4.654, inscrición 1ª.

16. Soar no sitio de Coído, parroquia e termo municipal de Vilarmaior (A Coruña), de douscentos metros cadrados, que linda ó norte, Antonio Torre; ó sur, máis de Antonio Otero; ó leste, Concello de Vilarmaior e ó oeste, predio de Amador Amado Amado, gravado cunha servidume de paso polo vento sur cun largo de tres metros para o servicio do resto do predio matriz e do estremeiro deste polo oeste, propiedade de Rosa de Bernardo. Sobre o dito predio construíuse un edificio de planta baixa e planta alta dedicado a oficinas e almacén.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 369, libro 21 de Vilarmaior, folio 179, predio 2.417, inscrición 1ª.

17. Predio sito en Présaras, municipio de Vilasantar (A Coruña), cunha superficie de 275 m. Linda: norte, estrada de Betanzos Agolada; sur, cos lindantes dos lados leste e oeste; leste, monte de Silvestre Guerra; oeste, Sociedade Hilados y Tejidos Vilasantar (hoxe Jesús Sánchez Raposo). Sobre o dito predio construíuse un edificio de dúas plantas dedicados a almacén e oficinas.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 168, libro 8, folio 35, predio 461, inscrición 1ª.

18. Rústico, predio Campos, inculto, de cento oitenta e oito metros cadrados, sito en termos da parroquia e termo municipal de Zas (A Coruña), que linda ó norte e ó leste, coa estrada de Santiago a Camariñas; ó sur, camiño de servicio e parcela segregada, e oeste, camiño público e parcela segregada. Sobre a dita parcela atópase construído un edificio, composto de semisoto, baixo e piso, sito en termos da parroquia de Zas, ocupando unha superficie de cento sesenta metros cadrados. Destínase o soto a almacén-celeiro, cunha superficie útil de cento vintetrés metros cadrados, a planta baixa consta de seis locais para oficina, un aseo e unha entrada, e o piso alto componse de sala de estar, despacho, aseo e salón de actos. Linda por tódolos seus ventos co predio en que se atopa enclavado.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 369, libro 47 do Concello de Zas, folio 159, predio nº 4.826.

19. Soar procedente do chamado predio de Carrizal, sito na parroquia de Vilaboa, termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), que linda ó norte, Germán Fente; ó sur, resto do predio da que ésta procede, propiedade dos herdeiros de Concepción Santiso Bran; ó leste, coa estrada e ó oeste, herdeiros de Juan Diéguez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 463, libro 46, folio 47, predio 8.524, inscrición 3ª.

20. Parcela do Nabal de Seoane ou Porta, na parroquia e termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), que linda ó norte, coa estrada; ó sur, leste e oeste, co resto do predio da que ésta procede. Sobre o dito prefio construíuse un edificio dedicado a oficinas e almacén que consta de planta baixa e piso de forma rectangular de 9 m e 30 cm de fondo por 10 de fronte. O dito predio atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 582, libro 57, folio 213, predio nº 10.610, inscrición 2ª.

21. Predio urbano, soar edificable no sitio denominado A Roxa, sito na vila e termo municipal de Folgoso do Courel (Lugo), cunha superficie aproximada de 168 m que Linda: ó norte, que é a súa fronte, formando unha liña de 14 m, estrada de Quiroga a Seoane do Courel; esquerda, (entrando) cun fondo de 12 m, casa do médico; dereita e fondo, con máis terreo da propiedade de José Antonio Fernández. Sobre o dito predio construíuse un edificio para sede social da Cámara Agraria. O dito predio atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Quiroga, ó tomo 193, libro 31 de Folgoso, folio 15, predio nº 2.673, inscrición 1ª.

22. Edificio sito na parroquia de San Vicente de Carracedo, termo municipal de Láncara (Lugo), composto de planta baixa onde está o portal e as escaleiras que comunican coa planta alta e o resto destinado a almacén, cunha superficie útil de 94

m e 29 dm e planta baixa cunha superficie útil de 92 m e 45 dm, destinada a oficinas, despacho, salas de xuntas, arquivo e servicios, ocupando a superficie do soar sobre o que está construído, que linda: ó norte, con resto do predio matriz; ó sur, con outra parcela denominada Candedo; ó leste, con resto do predio matriz; e ó oeste, con Ángel Rivera.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria, no tomo 341, libro 57, folio 176, predio 5.360, inscrición 2ª.

23. Predio rústico, Leiro da entrada de Sobrevila, sita na vila e termo municipal de Outeiro de Rei (Lugo), labradío, cunha superficie de 3 áreas, 85 ca, comprendida no número 6 do polígono 72 do catastro. Linda: ó norte, herdeiros de Manuel Montes; ó sur, estrada de Madrid á Coruña; ó leste, herdeiros de Manuel López; é o oeste, herdeiros de Montes. Sobre o dito predio construíuse un edificio dedicado a oficinas e almacén que consta de planta baixa e piso, ocupando unha superficie aproximada de 120 m. O dito predio atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lugo no tomo 666, libro 49, folio 177, predio 3.963, inscrición 1ª.

24. Predio rústico sito na parroquia e termo municipal de Palas de Rei (Lugo), denominado Campo do Pereiro, cunha superficie dunha área e unha centiárea, que linda: ó norte, co resto do predio matriz e que reserva para sí o vendedor en liña duns 16,65 m aproximadamente; ó sur, en liña de 16,80 m con propiedade de Antonio Carnero Vázquez; ó leste, con herdeiros de Filomena Gómez en lonxitude de 8 m; e ó oeste, en liña de 8 m coa vía pública. Sobre o dito predio construíuse un edificio dedicado a oficinas que consta de planta baixa e un piso, cunha superficie aproximada de 84 m. O dito predio atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 476, libro 52 de Palas de Rei, folio 132, predio 6.722, inscrición 1ª.

25. Edificio destinado a oficinas e almacén que consta de planta baixa e un piso, construído sobre un predio sito na parroquia de San Miguel de Paradela, termo municipal de Paradela (Lugo), denominada Monte da Pega, cunha superficie de 210 m que linda: ó norte e ó leste, con máis de González e González; ó sur, ou fronte, con camiño; e ó oeste, mais de Camilo González González e outro.

26. Edificio de planta baixa en Seixomil, termo municipal da Bola (Ourense), dedicado a oficina e almacén de 90 m. construído sobre a parcela A Regueira de 315 m.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova no tomo 634, libro 84, folio 34, predio 9.740, inscrición 1ª.

27. Monte denominado do Cruceiro de 200 m sito no Campo da Feira, termo municipal de Piñor

de Cea (Ourense). Sobre o dito predio construíuse un almacén de 200 m de planta baixa.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño no tomo 364, libro 32 de Piñor de Cea, folio 8, predio 4.287, inscrición 1ª.

28. Predio rústico monte sito en Vilar, Vilavidal, termo municipal de Ramirás (Ourense), de 2 áreas, 31 centiáreas. Sobre o dito predio construíuse un edificio de planta baixa dedicado a oficina e almacén de 128 m. O dito predio atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Celanova no tomo 623, libro 49, folio 249, predio 5.573, inscrición 1ª.

29. Predio urbano no lugar de Casetas, na estrada xeral de Ourense a Ponferrada, no termo municipal da Xunqueira de Espadanedo, cunha superficie aproximada de 200 m. Sobre o dito predio construíuse un edificio de dúas plantas de 128 m por planta. O dito predio atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz no tomo 256, libro 13 de Xunqueira de Espadañedo, folio 172, predio 1.795.

30. Predio urbano sito no termo municipal de Barro (Pontevedra), lugar de San Antoniño, da parroquia de Perdecanai, dunha superficie de 160 m, composto de piso baixo e alto. Linda: fronte, á estrada xeral de Vigo á Coruña, dereita, entrando no predio, terreos de Antonia Campos Ferreiro; esquerda, terreos baldíos do Concello de Barro e polo fondo campo a carballeira de San Antoniño, propiedade do Concello de Barro.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 535, libro 44, folio 249, predio 6.481, inscrición 1ª.

31. Casa número 6 da rúa Solís Ruíz, na vila de Crecente (Pontevedra), cunha superficie construída de 385 m e que se compón de semisoto, planta baixa, planta alta e terraza. O semisoto ten 120 m de superficie e está destinado a almacén; a planta baixa de 120 m componse de salón de actos, arquivo, despacho do presidente e oficina do secretario; a planta alta de 120 m destínase a vivenda e componse de sala de estar, comedor, baño, cociña e catro habitacións e unha terraza de 25 m. Linda: norte e noroeste, resaídos e casa chamada do Casino de Sara Valeije; sur, Guillermina Estévez; leste, rúa de Solís Ruíz; e oeste, rúa de Mon e Landa e estrada da Cañiza a Pousa.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 298, libro 82 de Crecente, folio 19, predio 7.373, inscrición 3ª.

32. Casa dunha planta no barrio da Seara, termo municipal de Moaña (Pontevedra), edificada nun soar de 250 metros cadrados. Linda: ó norte, con entrada de carro e despois de Esperanza Villaverde; ó sur e leste, con terreo comunal; ó oeste, a estrada de Cangas a Vilavoa, ramal ó peirao.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra no tomo 407 do arquivo, libro 33 de Moaña, folio 172, predio 2.449.

33. Edificio construído sobre o terreo nomeado Tras de la Igrexa de Petelos, termo municipal de Mos (Pontevedra), que consta de planta soto, á que se entra por unha rampla pola esquerda do edificio; planta baixa dedicada a almacén e planta alta á que se accede por escaleira sita á dereita da edificación destinada a salón de actos e oficinas. Linda: ó norte e ó oeste, Elisardo Senlle; ó sur, Claudino Rodríguez; e ó leste, ou fronte, estrada de Vilacastín a Vigo.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Redondela no tomo 274, libro 57 de Mos, folio 221, predio 7.236, inscrición 1ª.

34. Edificio sito na vila e municipio de Rodeiro (Pontevedra), composto de planta baixa e dous pisos altos con destino á sede social da Cámara Agraria Local de Rodeiro que ocupa unha superficie duns 159 m. Do seu fronte a estrada que conduce ó cuartel e linda: fronte ou sur, estrada ó cuartel; dereita entrando, terreo sobrante de edificación; esquerda, solar número 14 do Concello de Rodeiro e fondo, soar nº 10 e en parte nº 9 de propiedade do Concello de Rodeiro.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 603, libro 91 de Rodeiro, folio 9, predio 10.399-N, inscrición 4ª.

35. Edificio sito na vila de Silleda (Pontevedra), rúa Pontevedra nº 6, mide 250 m tendo o seu acceso directamente desde a rúa da súa situación. Componse de planta baixa, destinado a oficinas e a almacén ou celeiro e dunha planta alta, destinada tamén a oficinas da Cámara Local Agraria, linda: fronte; coa rúa da súa situación; dereita entrando, herdeiros de Ramón Campa; esquerda e fondo, terreo non edificado.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 494, libro 111 de Silleda, folio 237 vº, predio 15.328, inscrición 2ª.

36. Casa sita na vila de Valga (Pontevedra), composta de planta e soto. Mide a planta 87 m e o soto 42 m, e linda: fronte entrando, estrada de Valga a Raxoi; dereita, máis terreo da propia Cámara; esquerda, centro de inseminación artificial, propiedade do Concello de Valga, e fondo camiño veciñal.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 465, libro 66 de Valga, folio 199 vº, predio 6.046, inscrición 3ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5971