Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 329/1996, do 26 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 3.998 m do predio Curva da Rosa en Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa, para a construcción dun centro de investigación pesqueira e marisqueira.

O Pleno da Corporación municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), reunido en sesión extraordinaria o 19 de febreiro de 1996, acordou a cesión á Xunta de Galicia dun terreo de 3.998 m da finca Curva da Rosa en Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa, para a construcción dun centro de investigación pesqueira e marisqueira.

Conforme ós artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, feita nos termos nos que o Concello de Vilagarcía de Arousa acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 3.998 m do predio Curva da Rosa en Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa para a construcción dun centro de investigación pesqueira e marisqueira.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa no tomo 853 do libro 281, folio 45, predio nº 26.596, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro de investigación pesqueira e marisqueira.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente docu

mento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5933