Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da xestión do servicio portuario de recollida de lixo e de recepción de residuos sólidos e líquidos oleosos procedentes de buques, plataformas ou outras instalacións fixas situadas no mar, nos portos de competencia do Ente Público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais.

c) Número do expediente: SC-SERV-03/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio portuario de recollida de lixo e de recepción de residuos sólidos e líquidos oleosos procedentes de buques, plataformas ou outras instalacións fixas situadas no mar nos portos de competencia do Ente Público Portos de Galicia.

b) Lugar de execución: portos de competencia do Ente Público Portos de Galicia.

c) Prazo de execución: dez anos.

d) Execución de obras: as que o adxudicatario recolla na súa proposta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

O ofertado polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 250.000 pesetas.

Definitiva: 1.500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, 5 a, 6º Plgo. das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditacióin da solvencia técnica, económica e financeira do empresario polos medios fixados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

2. Domicilio: Plgo. das Fontiñas, Área Central, 5 A, 6º.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mantela súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Plgo. das Fontiñas, Área Central, 5 A, 6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

9605991