Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCION do 29 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigacion, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto para a contratación do servicio de vixilancia dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa. (Tramitación urxente do artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación co contrato do servicio de vixilancia dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Obxecto: contratación do servicio de vixilancia dos centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Orzamento e tipo: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán a disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Fianza definitiva: 4 % do orzamento de licitación.

O importe del anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

9606005