Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación polo sistema de poxa, procedemento aberto, do proxecto de rede de sumidoiros e depuración en Tabeirós.

Obxecto: a realización da obra do proxecto indicado redacto polo enxeñeiro técnico Alfredo Montero Vaz.

Tipo de licitación: 26.859.923 ptas., á baixa.

Prazo de execución: 6 meses.

Prazo de garantía: 1 ano.

Clasificación do contratista: grupo E, subgrupo 1, categoría A e grupo K, subgrupo 8, categoría B.

Fianzas: a provisional o 2%, a definitiva o 4%.

Presentación de plicas: entre as 9 e as 13 horas dos 26 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, de ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día seguinte.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica e coa inscrición «Proposición para tomar parte na poxa do proxecto de rede de sumidoiros e depuración en Tabeirós» e, respectivamente, «Documentación», «Oferta económica».

A apertura de plicas terá lugar ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte o último sinalado para a presentación. Se fora sábado trasladaríase ó día seguinte.

Documentación: a sinalada no prego de condicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio para a execución da obra proxecto de rede de sumidoiros e depuración en Tabeirós, logo de face-lo depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.

Os pregos íntegros poden verse no taboleiro de anuncios da casa consistorial e facilitaránselle copias a quen o solicite.

A Estrada, 30 de xullo de 1996.

O alcalde Acctal.

Rubricado

9605992