Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 xuño de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 312 de clasificación dos montes Campos de Corrubedo e Campo de Samil, pertencentes á parroquia de Corrubedo (concello de Ribeira).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 312 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Campos de Corrubedo e Campo de Samil.

Comunidade: Parroquia de Corrubedo.

Concello: Ribeira.

Superficie: 2,86 ha.

Lindeiros:

Parcela I: Campos de Corrubedo. Situada no lugar de Corrubedo. Superficie 5.502,00 m.

Norte: terreo público.

Leste: terreno público, camiño, e propiedade particular de descoñecidos.

Sur: rúa Buenos Aires.

Oeste: propiedades particulares de Carmen Brión Brión, Consuelo González Paz, Hrdos. de Juán Franco, e hrdos. de Juán-Ventura Sobrido, das que as separa muro de pedra.

Parcela II: Campos de Samil. Situada no lugar de Corrubedo. Superficie 23.162,00 m.

Norte: propiedade particular de Hdos. de Ruso da Fonte, camiño, propiedade particular de José Brión Martínez, e camiño.

Leste: propiedade particular de Valentín Vizcaya, ermo, propiedade particular de Manuel Díaz, e camiño de aceso desde a rúa Buenos Aires.

Sur: propiedade particular de Ramona Mariño, camiño, e propiedades particulares de Catalina, das de Emilia, descoñecidos, Hdos. de José Romay, e dos Gardas.

Oeste: camiño, e propiedades particulares de descoñecidos, de Hdos. de Julio Paz e de Hdos. de Dolores Paz.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 19 de xuño de 1996, conforme ó disposto na Lei de montes veciñais en man común de 10 de outubro de 1989 e demáis disposicións de aplicación, a medio do presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, ó obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada Lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións estimen oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, aportando, no seu caso, a documentación que estimen conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Manuel Puente Araújo

Secretario

5755