Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 335 de clasificación do monte Barbanza de Lesón, pertencente á parroquia de Sta. Cruz de Lesón (concello da Pobra do Caramiñal).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 335 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Barbanza de Lesón.

Comunidade: Parroquia de Sta. Cruz de Lesón.

Concello: Pobra do Caramiñal.

Superficie: 365,60 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Curota, nº 193 do C.U.P.

Norte: termo do concello de Porto do Son e monte Barbanza de Posmarcos.

Leste: monte Barbanza de Posmarcos, e propiedades particulares.

Sur: Propiedades particulares.

Oeste: monte Folgoso e Río Portas, e termos dos concellos de Ribeira e Porto do Son.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 19 de xuño de 1996, conforme ó disposto na Lei de montes veciñais en man común de 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, a medio do presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, ó obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento de 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións estimen oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, aportando, no seu caso, a documentación que estimen conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Visto e prace

Juán Ramón Beneyto Bellas

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario

5756