Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de xuño de 1996 pola que se regulan as probas de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica e de artes plásticas e deseño.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 137, do 12 de xullo de 1996, procede efectúa-las seguintes correccións:

-No segundo parágrafo do artigo 12, onde di: «A parte xeral acreditará a madurez en relación coas materias comúns e de modalidade da correspondente modalidade de bacharelato. Tamén poderán quedar exentas as persoas que acrediten ter superadas...», debe dicir: «A parte xeral acreditará a madurez en relación coas materias comúns e de modalidade da correspondente modalidade de bacharelato. As persoas que acrediten ter superadas...».

-No segundo parágrafo do artigo 15, onde di: «Da parte da proba relativa ás materias comúns quedarán exentas as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vintecinco anos, poderán quedar total ou parcialmente exentas de realizar esta proba de acceso ós ciclos formativos, en función do grao de afinidade...», debe dicir: «Da parte da proba relativa ás materias comúns poderán quedar total ou parcialmente exentas as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vintecinco anos, en función do grao de afinidade...».

9605696