Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de xuño de 1996 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por Decreto 142/1996, do 17 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, aprobouse a agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Cospeito, da provincia de Lugo, para sostemento en común da praza de secretaría.

Sendo necesario clasifica-los postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondentes á devandita agrupación, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 781/1996, do 18 de abril, nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de traballo de secretaría da agrupación dos concellos de Castro de Rei e Cospeito, provincia de Lugo, conforme se especifica no anexo que se acompaña á presente orde.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería,

segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Corporación: agrupación dos concellos de Castro de Rei e Cospeito.

-Posto de traballo: secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

9605697