Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de xullo de 1996 pola que se nomean os membros do xurado dos premios de Investigación Xunta de Galicia 1995.

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 28 de marzo de 1996 (DOG do 22 de abril), convocou os premios de Investigación Xunta de Galicia 1995 (anexos I, II e III da citada orde).

O artigo 3º da devandita orde establece a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado dos premios de Investigación Xunta de Galicia 1995 (anexos I, II e III á Orde do 28 de marzo de 1996, DOG do 22 de abril), ás seguintes persoas en representación das institucións que se citan:

Presidente: Miguel A. Ríos Fernández, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Vocais:

José Sergio Casas Fernández, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta da propia universidade.

Dolores Esther Fernández Fernández, en representación da Universidade da Coruña, por proposta da propia universidade.

José Tojo Suarez, en representación da Universidade de Vigo, por proposta da propia universidade.

Francisco Guitián Ojea, último galardoado co premio Xunta de Galicia de investigación a unha traxectoria investigadora.

Franco Fernández González, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Enrique Moldes Teo, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Guillermo Rojo Sánchez, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción da Investigación Universitaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó dia seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9605708