Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas liñas eléctricas a 15/20 kV e centros de transformación en Sueiro, Culleredo e en Sobre da Fonte, Cerceda.

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004-A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición

de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da:

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 572 m de lonxitude, con orixe na liña Sigrás-Celas de Peiro e centro de transformación aéreo sito en Sueiro, no termo municipal de Culleredo, (Expte. nº 172/1995).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 248 m de lonxitude, con orixe na liña Mesón do Vento-Alto do Vilar e centro de transformación en Sobre da Fonte, no termo municipal de Cerceda, (Expte. nº 174/1995).

As declaracións de utilidade pública, das referidas instalacións, que foron outorgadas con data 18 de abril e 27 de marzo de 1996, respectivamente, levan implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se insertará no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal La Voz de Galicia, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación que se anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme ó artígo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto; a tal efecto estará exposto nesta delegación, sita en edificio administrativo Monelos, s/n, 15071-A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realizarase igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares das fincas propostas sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artígo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Informase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 25 de xuño de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 172/1995Provincia: A Coruña

Línea: 15/20 kV e C.T. en SueiroConcello: Culleredo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1CubelaPastizalMoserrat Mallo UzalSueiro, nº 3

15189-Culleredo

1146460

3CubelaLaborPastora Barbeito GarcíaSueiro, nº 7

15189-Culleredo

30300

5GranxaLaborPurificación Pastor ReboridoAv. Caidos, 46-6º A

15009-A Coruña

24240

7A ViñaLaborFelipe Berdomás Pedreira12 Princes-Street

Slough-Berks SL 1-1 B

Inglaterra

2268952

8A ViñaLaborJosé Pose FuentesSueiro, nº 12

15189-Culleredo

18180

9Eira da LoMonteManuel Villar BarbeitoSueiro, nº 16

15189-Culleredo

26416

10Monte PistosMonteHros. José Candamio GarcíaDomicilio ignorado741.184

11O PinarMonteElvira Cañas VázquezCiudad de Lugo, 22-2º D

15004-A Coruña

32701.120

12Monte PistosMonteManuel Barbeito GarcíaAnceis, nº 20

15407-Cambre

8128

13Monte PistosMonteDescoñecido8128

16Monte PistosMonteAlfredo Reborido Poser/ M. Piñeiro Pose, 3-7º A

15006-A Coruña

CT.626416

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 174/1995Provincia: A Coruña

Línea: 15/20 kV e C.T. Sobre da FonteConcello: Cerceda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1Chousa da ViñaPastoAntonio Ramallal NúñezCantón Grande, 16-2º E

15003-A Coruña

1280800

8O MatoMonteManuel Bestilleiro BelloO Mato

15335-Cerceda

224240

11Río do SoutoPasteiroLucrecia Bello AmorAvd. Coruña, 36

15335-Cerceda

70350

9605893