Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 111/1996).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1965, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Eurovento, S.L. unipersonal, con enderezo na r/ Galeras, 17, piso 3, oficina 3 de Santiago de Compostela, para a autorización administrativa do parque eólico Paxareiras II-A: e en base os seguintes datos:

Municipios afectados: Muros e Carnota.

Superficie afectada e coordenadas: 787,5 ha e V (49.47.00 W, 4.74.60.00 N), V (49.65.99 W, 4.74.35.00 N), V (49.60.00 W", 4.74.10.00 N) e V (49.40.00 W, 5.74.10.00 N).

Potencia a instalar: 19,2 MW.

Durante o prazo de vinte días poderase presentar solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 2 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5220