Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/105-2-4.581 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.

Denominación: paso de liña aérea a Subt. en alta tensión, no Pombal.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña subterránea de alta tensión, cunha lonxitude de 781 metros, en conductor UNE D.H.V. 15/25 kV de 1x240 mm Al ó longo desta instalación subterránea instalaranse un total de 16 arquetas, incluídas as do principio de liña e final de liña. Esta instalación dará servicio ó parque feiral do Pombal, campo de fútbol e un transformador de distribución existente, no termo municipal de Lugo.

Orzamento: 14.088.327 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 25 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5257