Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/76-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Moruxo-Igrexa.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 7 m de lonxitude, que parte da liña Fiobre-Bergondo e finaliza no C.T. que se vai instalar denominado Moruxo-Igrexa.

Centro de transformación aéreo en Moruxo-Igrexa de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 601 m de lonxitude. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5429