Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/73-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T. en Vilacova e Portochán.

Situación: Ames-A Baña.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón con conductor LA-56, de 1.216 m de lonxitude, con orixe na liña denominada a Tapia de San Román (expediente 26881) e final nos CC.TT. que se vai instalar en Vilacova e Portochán. Centros de transformación aéreos en Vilacova e Portochán, de 50 kVA/U. e tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 626 m de lonxitude, concellos de Ames e A Baña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5344