Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial, do parque eólico denominado A Capelada. (Expediente número 71/1994).

Visto o escrito presentado por Pedro Martínez Crespo, en nome e representación da Empresa Nacional de Electricidad (Endesa), con domicilio para efectos de notificacións na r/ Príncipe de Vergara nº 187, 28002 Madrid, ó amparo do establecido na Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre a conservación da enerxía, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos o fontes de enerxías renovables e para os efectos previstos no capítulo III do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia solicitando a aprobación do proxecto denominado parque eólico A Capelada, así como a autorización das instalacións descritas no mesmo, para os efectos de recoñecemento da súa condición de instalación acollida ó réxime especial.

Resultando que as características básicas das instalacións son as seguintes:

-Nº de aeroxeradores: 50.-Potencia unitaria do aeroxerador: 330 kW.-Potencia total instalada: 16,5 mW.-Altura das torres: 31 m.-Diámetro das pas: 30,4 m.-Producción anual estimada: 43.759 MWH.-Transformadores de 0,66/132 kV: 12.-Subestación: 20/132 kV.-Lonxitude L.A.T.: 10 km.

Resultando que o orzamento total ascende a 2.551.016.074 pesetas, e que o dito parque eólico consta de dous emprazamentos os cales quedan referidos ás seguintes coordenadas:

NomeMunicipioVértices

X-Lonx.W Y-Lat.N

A CapeladaCedeira0.585.050 4.841.800
Cariño0.587.200 4.840.500
Ortigueira0.584.600 4.841.100
0.586.800 4.839.700

0.583.100 4.838.900
0.583.100 4.838.350
0.583.100 4.837.800
0.583.800 4.837.100
0.584.382 4.837.617
0.584.800 4.837.200
0.585.500 4.838.000
0.583.800 4.839.700

Considerando que no expediente instruído para o efecto se cumpriron os trámites regulamentarios sen que no período de información pública se formulasen reclamacións, e que a Delegación Provincial desta Consellería na Coruña emite informe favorable sobre a dita solicitude.

Vistas a Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre a conservación da enerxía, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias e de acordo coa resolución desta Consellería de Industria e Comercio do 25 de abril de 1996 pola que se aproba o Plan Eólico Estratéxico Endesa-MADE. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar á empresa Endesa a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto referenciado, así como a aprobación do dito proxecto, nos concellos de Cedeira e Cariño.

Segundo.-Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro dos polígonos definidos no segundo resultando de esta resolución, para os efectos da expropiación forzosa.

Terceiro.-Recoñecer ó parque eólico autorizado a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluílo no grupo a) do Art. 2 do dito R.D.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

1. A empresa Endesa, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 50.879.280 pesetas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta

de Galicia, en calquera dos xeitos sinalados no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que se devolverá unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

2. As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, e subscrito por técnico competente cun orzamento de 2.551.016.075 pesetas.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas.

5. A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous meses.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

7. Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, as condicións establecidas no acordo do 25 de abril de 1996 da Comisión Galega de Medio Ambiente polo que se aproba a declaración de efectos ambientais, segundo o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos pola empresa e que figuran no Plan Industrial do Plan Eólico Estratéxico, aprobado por Resolución do 25 de abril de 1996.

8. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario diante do conselleiro de Industria

e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9605342