Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación do proxecto e construcción dunha estación de autobuses de terceiro nivel en Ribadeo (Lugo), polo procedemento aberto de concurso de proxecto e obra.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e construcción dunha estación de autobuses de terceiro nivel en Ribadeo (Lugo).

b) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de proxecto e obra.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 50.000.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada para os que acrediten a clasificación requirida. R.D. 1883/1979.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, o esbozo do soar, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: 981-54 45 94.

e) Telefax: 981-54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Calsificación: a clasificación requirida será grupo C completo, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: c/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade. Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º Andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que

se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

P.D. (Orde do 25-10-1983, DOG 14-12)

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

9605550