Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración e instalación de bodega e material diverso para a Subestación Enolóxica das Rías Baixas-Ribadumia, dependente da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia-Leiro (IAS-311).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración e instalación de bodega e material diverso para a Subestación Enolóxica das Rías Baixas-Ribadumia, dependente da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia-Leiro (IAS-311), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: dezaseis millóns setecentas setenta e tres mil pesetas (16.773.000 ptas.).

Fianza provisional: trescentas trinta e cinco mil catrocentas sesenta pesetas (335.460 ptas.).

Fianza definitiva: seiscentas setenta mil novecentas vinte pesetas (670.920 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de claúsulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 6 de setembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 13 de setembro de 1996.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9605889