Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1996 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 1996 e dun posto de traballo.

En cumprimento do acordo do Pleno da Corporación do día 30 de maio de 1996, no que se aprobou o texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existente no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 1996 e no exercicio das atribucións conferidas á alcaldía polo artigo 41.14º.a) do Real decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios e contidas na oferta de emprego público de 1996:

1 de técnico da escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A.

2 de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C.

4 de auxiliar da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

1 de ordenanza da escala de Administración xeral, subescala subalterna, integrada no grupo E.

1 de inspector de tributos da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de cometidos especiais, integrada no grupo A.

1 de técnico informático da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais, técnica, integrada no grupo A.

1 de técnico cultural da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais, técnica, integrada no grupo A.

1 de delineante da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico-auxiliar, integrada no grupo C.

1 de oficial da policía local da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C.

1 de suboficial da policía local da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C.

3 de sarxento da policía local da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C.

5 de cabo da policía local da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D.

3 de garda da policía local da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D.

3 de bombeiro da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase extinción de incendios, integrada no grupo D.

1 de vixilante da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E.

6 de operario da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do día 30-5-1996, nas que se especifican os requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP número 133 correspondente ó día 10 de xullo de 1996, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo convócase concurso de méritos para a provisión do posto de encargado da Casa do Concello polo sistema de promoción interna entre funcionarios municipais da subescada subalterna da escala de Administración xeral integrados no grupo E, consonte a alínea C) das bases aprobadas publicadas no BOP número 133, do 10 de xullo de 1996, sendo o prazo para a presentación de instancias para os que optan ó posto de encargado da Casa do Concello de 15 día hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais pertinentes.

Pontevedra, 17 de xullo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

5858