Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO polo que se aclara o límite do prazo establecido para a presentación de proposicións optando á concesión da obra dun aparcamento subterráneo na parte posterior da audiencia provincial e a subseguinte explotación.

Na páxina 6.390 do DOG correspondente ó día 16 de xullo de 1996 publicouse a resolución do 2 de xullo de 1996, pola que se anuncia licitación para a contratación dun aparcamento subterráneo na parte posterior da audiencia provincial e subseguinte explotación das obras (contrato de concesión de obra), na que se omite a alínea sexta relativa á data límite de recepción de ofertas, o prazo para a presentación de proposicións, aínda que o contido do anuncio publicado se deduza que son 60 días naturais desde o día seguinte ó da súa publicación. Xa que logo a alcaldía amplía o anuncio de referencia informando e clarexando ós interesados na licitación pública convocada, que o prazo para a presentación de ofertas é de 60 días naturais contados a partir do día 17 de xullo de 1996, sendo a data límite para a recepción das ofertas o día 16 de setembro, por canto o día 14 (data do vencemento), coincide en sábado, de conformidade coa cláusula décimo cuarta do prego.

Pontevedra, 22 de xullo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4887