Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-257).

Con data do 17 de xullo de 1996, esta alcaldía acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para fixar aliñacións, rasantes, ordenación de volumes, en predio sito en Montrove-Liáns, tramitado por instancia de Promociones Rúa Agarimo, S.L.

Acordouse tamén expoñer ó público o citado expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo,

podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 18 de xullo de 1996.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde presidente en funcións

95-5808