Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público número 27/1996 para a contratación da subministración sucesiva de material de laboratorio para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I.-Obxecto e orzamento: a contratación da subministración sucesiva de material de laboratorio para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela por un importe total máximo de 11.797.700 ptas. IVE incluído.

II.-Prazo de execución: a duración do contrato será desde o día seguinte a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

IV.-Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

V.-Clasificación: non se esixe.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706, Santiago de Compostela, antes das 14 horas do viséximosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do hospital de Conxo ás 10 horas do decimoprimeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que deberán aportar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

5579