-Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución.
-Obra: acondicionamento para unidade de atención primaria (UAP) e PAC no antigo Hospital Militar da Coruña.
-Orzamento da contrata: 5.349.456 ptas.
-Prazo de execución: 3 meses.
-Clasificación do contratista: non se esixe.
-Fianza definitiva: non se esixe.
-Forma de tramitación: ordinaria.
Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no Art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.
P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
5578