Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración consistente na adquisición da rede informática con destino ó CES-Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Consejo Económico y Social de Galicia (CES-Galicia) da subministración e instalación a rede informática.

1. Entidade contratante: Consejo Económico y Social de Galicia (CES-Galicia), r/ Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela, teléfono (981) 57 65 28, fax (981) 57 65 26.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato: subministración dunha rede informática.

4. Orzamento máximo de licitación: 3.192.204 (IVE incluído).

5. Adxudicación: realizarase pola totalidade da rede informática e conforme co disposto no prego de cláusulas particulares.

6. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do CES-Galicia, sita en r/ Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela (A Coruña).

7.a) Data límite de recepción de ofertas: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vigésimosétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo, entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Lugar de presentación das proposicións: no CES-Galicia ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado.

8. Apertura proposicións: en acto público ás 10 horas do 9 de setembro de 1996 na sede do CES-Galicia.

9. Fianza provisional: exenta.

10. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

11. Documentos que deben aporta-los licitadores: os idnicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.

13. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

Luis Suárez-Llanos Gómez

Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

9605577