A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
I.-Obxecto e orzamento: a contratación da subministración dun equipo automático de tórax para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela por un importe total máximo de 23.000.000 de ptas. (vintetrés millóns de pesetas) IVE incluído.
II.-Prazo de execución: a duración do contrato será desde o día seguinte a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.
III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
IV.-Fianzas:
a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.
V.-Clasificación: non se esixe.
VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706, Santiago de Compostela, antes das 14 horas do viséximosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta
resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do hospital de Conxo ás 10 horas do decimoprimeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
VIII.-Documentación que deberán aportar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.
Ignacio Martínez González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela
5582