Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 10 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-187/1996, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo RD 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 10 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-187/1996.

Denunciado: Cooperativa de Matadoiro de Aves Rías Baixas S. Coop.

Último enderezo coñecido: rúa Pazos-Xil, s/n, Meaño (Pontevedra).

Feito denunciado: transporte de animais no camión matrícula PO-1071-AP, sen te-lo rexistrado para este fin.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 215.

Sanción proposta: 25.000.

5584