Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de xullo de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Romero, a favor de Vicente Pérez Dieste e Eladina Barreiro Freire.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo

en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Romero.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula nº 54.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 22-1-1998.

Anterior concesionario: Flora Dieste Saborido e Ricardo Pérez Romero.

Novo titular da concesión e batea: Vicente Pérez Dieste y Eladina Barreiro Freire.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 11 de xullo de 1996.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado Territorial da Coruña

5585