Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-246/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

Lugo, 9 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-246/1995.

Denunciado: Faustino Jiménez Jiménez.

DNI nº: 32.310.548.

Último enderezo coñecido: rúa Covadonga p.1 fase 3ª v.1, Ourense.

Feito imputado: transporte de animais no camión matrícula OR-3484-E, sen te-lo rexistrado para este fin e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigos 52 e 32.

-Precepto sancionador: artigos 215 e 212.

-Sanción imposta: 25.000.

9605639